Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Tres canles costeiras, premiadas na Gala Youtubeiras

Cousxs Toxio e Xacobo de Toro nos Oytubeiras
Cousxs, Toxío e Xacobo de Toro foron premiados na Gala youtubeiars
Tres canles costeiras, premiadas na Gala Youtubeiras

Este venres celebrouse en Bertamiráns a entrega de premios da sexta edición de Youtubeiras, unha inciativa que desde o ano 2016 premia ás mellores propostas en galego nesta plataforma.
Este ano, o evento foi conducido polas Tanxugueiras nun fermoso encontro no que o xurado otorgou premios como a calidade lingüística, a comunicación, o impacto, a divulgación ou a proposta máis pioneira, entre outras.

foto_gala-Youtbueiras 2021
Foto da gala Youtubeiras 2021

A Costa da Morte estivo ben representada nesta edición. No premio da música, saíu vitorioso o camariñán Carlos Barcia, coa súa canle Cousxs, que tamén foi finalista na categoría de “vídeo”. A canle de viaxes Toxío, da cal forma parte a vimiancesa Nuria Espasandín, levou o premio á mellor calidade técnica polo seu domino dos
recursos audiovisuais.

Tamén outro clásico destes premios, o mestre adoptado en Malpica Xacobo de Toro, levou o Premio Didáctico.

Outras canles da Costa que están a xerar contido na rede son Lilium e Shia, polo que o futuro do YouTube galego parece asegurado para os próximos anos.

Comentarios