Luns. 15.08.2022
El tiempo

Carballo reflexiona sobre o Decrecemento

Carballo reflexiona sobre o Decrecemento
Presentacion Carballo Rede Decrecemento Crecemento, desenvolvemento… son estas as palabras que escoitamos sempre en clave de progreso, de mellora da calidade de vida. Pero non todo o mundo pensa dese xeito. Así o sinalan os membros da Rede de Decrecemento Galiza, Eo-Navia e Bierzo, que prepara o seu I Congreso, e fano con diferentes presentacións polo país nas que explican “Por que o Decrecemento” e “Por que no Navia, Galiza e o Bierzo”. Unha das vilas escollidas para facer estas presentacións dos documentos que se debatirán no I Congreso da Rede de Decrecemento Galiza, Eo-Navia e Bierzo é Carballo, e a cita será este sábado 16 de decembro na aula 1 do Pazo da Cultura a partir das 17:00h, nun relatorio presentado polo carballés Víctor Lorenzo que contará coa presenza de Xoan Doldan, Profesor titular de economía Aplicada USC e Vice-presidente de Vespera de Nada; e Miguel Anxo Abraira. Autónomo, político e activista social. Conceptos como autoxestión, eco-feminismo ou economía de proximidade estarán presentes neste acto de interese “nun momento no que os límites biofísicos do planeta e os recursos enerxeticos fósiles teñen acadado un punto crítico e precisan unha resposta Decrecentista fronte ó crecemento infinito que promove o capitalismo e que está a deixar patente o dano ó planeta en forma de cambio climático, esgotamento de pesquerías e colapso dos ecosistemas en xeral”.

Fonte

comentarios