Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo tamén se une dende Entrecuces á loita contra os eólicos

Carballo tamén se une dende Entrecuces á loita contra os eólicos
Plataforma contra os eolicos de Bergantinos no Pleno de Carballo Plataforma contra os eolicos de Bergantinos no Pleno de CarballoJose Espana lendo o texto da Plataforma contra os eolicos de Bergantinos Jose España lendo o texto da Plataforma contra os eolicos de Bergantinos Hoxe, mesmo, martes 25 de setembro, hai convocadas dúas sesións informativas sobre os proxectos eólicos do Campelo, Bustelo e Monte Toural. O Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco (ás 20:00h) e a Casa da Escola de Castriz (Santa Comba, 21:30h), acollen sendas xuntanzas para que os veciños tomen nota dos polémicos proxectos. Ademais, está previsto que a veciñanza participe tamén nos próximos plenos de Coristanco e Santa Comba, que se celebran os vindeiros días 26 e 28 de setembro respectivamente. Mentres, outros veciños que xa manifestaron a súa postura aos políticos municipais foron os de Entrecruces, que este pasado luns levaron ao pleno as súas razóns polas que se opoñen á  instalación de 27 aeroxeradores, repartidos en tres parques, nas proximidades das vivendas. José Antonio España, en representación da plataforma de afectados aproveitou os dez minutos da Participación Cidadá para poñer en coñecemento do goberno local e de toda a corporación as razóns polas que se opoñen á instalación do que consideran un “gran parque eólico” cuxas afeccións ambientais, sociais, socioeconómicas e a nivel de saúde causarán graves prexuízos para os seus habitantes. Leu un completo texto. España focalizou  a afectación no lugar de Vilela de Entrecruces (Carballo), unha das zonas nos que os eólicos están máis preto das casas, pois quedaría rodeada de muíños e mesmo está prevista a instalación dun xerador eólico a uns 400 metros dalgunha das vivendas, cando “en países tan similares ao noso, como Irlanda” se propón que a distancia ás vivendas sexa, como mínimo, 10 veces a altura do muíño e “dende a Unión Europea fálase de 3km”. Aproveitaron para recordar a "treta" da Xunta fragmentando un mesmo megaproxecto en tres, para solventar con maior facilidade as trabas burocráticas e medioambientais, e que ademais dos parques, son moitos os veciños que se ven afectados tamén polas liñas de alta tensión O Campelo - Mesón do Vento. Distancia dos eólicos ás vivendas en Vilela de Entrecruces (Carballo) Distancia dos eólicos ás vivendas en Vilela de Entrecruces (Carballo)

As posicións dos grupos municipais

Os grupos manifestáronse do seguinte xeito. Dende o grupo do PP, o seu portavoz, Aurelio Núñez Centeno, afirmou que, dende a súa posición de parlamentario, informouse do estado no que se atopan os proxectos e animou ás veciñas e veciños a seguir presentando alegacións en todas as fases do procedemento. Tamén animaron a que a veciñanza se faga oír as voceiras dos outros grupos da oposición, Mª Carmen Vila (PSdG-PSOE) e Estefanía Canosa (TEGA) mostráronse ademais favorables instar ás autoridades do goberno autonómico a revisar o proxecto. Pola súa banda, Xosé Regueira (BNG) manifestou igualmente o apoio ás demandas presentadas no pleno indicando como moi atinado todo o relatado polo representante da plataforma facendo especial mención á necesidade de revisar tamén o plan eólico. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-loita-vecinal-contra-os-eolicos-de-bergantinos-e-xallas-colle-forza/ https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-contra-os-eolicos-de-coristanco-presenta-alegacions-xunto-cos-vecinos/ https://quepasanacosta.gal/adega-denuncia-a-tramitacion-fraudulenta-e-a-ameaza-a-flora-endemica-dos-parques-eolicos-de-bustelo-campelo-e-monte-toural/    

Comentarios