Carballo volveu berrar #contraasviolencias tralo primeiro asasinato de 2019 e a volta á liberdade da Manada
07:21 04/01/19
- “No momento no que tomas consciencia de que estás sendo vítima da violencia machista, a saída está en solicitar apoio”.
- “Ata que non teñamos claro que a prostitución, así como a explotación e trata sexual, son violencia de xénero, non avanzaremos na concienciación social”.
Concentracion en Carballo contra a violencia machista
Despois dun 2018 histórico, en material de loita da muller, si, de loita feminista, parece que o 2019 non quere baixar o pistón. E se ben xa temos a primeira vítima mortal por un novo caso de agresión sexual tan só 3 días despois de arrincar o ano, a sociedade non fica calada e xa alza a voz-
Así aconteceu esta pasada tarde de xoves 3 de xaneiro, cando un cento de persoas uníronse na Praza do Concello para berrar moi alto #contraasviolencias machistas. Maica Ures, concelleira Igualdade, foi a encargada de ler unha declaración.
Ures lembrou tanto o asasinato machista que acontecía en Burriana, como a nova decisión da sección segunda da Audiencia Provincial de Navarra, de deixar novamente e liberdade aos 5 membros da manada…. Seica non hai risco de fuga, argumentan… “Esta nova cornada aos nosos dereitos é unha mensaxe directa do patriarcado, amparado no sistema xudicial”, denuncia Ures.
“Saímos á rúa contra os violadores da Manada, contra un sistema que nos mata e exerce violencia contra nós, contra unha xustiza machista, saímos ás rúas polas voces das que xa non están, porque imos seguir en marcha até que todas sexamos libres”, remataba ante un fervos de familias.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodecarballo/videos/2233136256943343/?t=9" width="600" height="600" onlyvideo="1"]