Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Case 13.000 alumn@s comezan o cole na Costa da Morte

  • Arrinca así outro curso con recortes e protestas.
Merendas saudables no ceip os muíños
3 rapazas do CEIP Os Muíños
Case 13.000 alumn@s comezan o cole na Costa da Morte

Mañá de nervios, de reencontros, de sorrisos… Este xoves 8 de setembro arrincaba o curso 2022/2023, e un total de 12.866 alumn@s comezan as clases nos centros escolares da Costa da Morte.

Recortes

Concentracion onte das ANPAS en Cee
Concentración acontecida onte das ANPAS na praza de Cee

Non faltou a obrigada cita anual cos #recortes por parte da Xunta, e volveron aparecer en forma de falta de mestres no CEIP de Dumbría.
Tamén as ANPAS dos centros de Cee saíron á rúa e se mobilizaron na Praza 8 de marzo durante a xoranda de onte mércores, para esixir un Ensino Público de Calidade no Rural. Así foi o manifesto das ANPAS da comarca fisterrá:

As familias da Costa da Morte témolo claro: Os nosos fillos e fillas non son números que se poidan combinar ao antollo dunha consellaría empeñada en desmantelar o Ensino Público Galego con unha política de recortes  no profesorado que afecta directamente aos colexios do rural. 
As familias da Costa da Morte sabemos ben que onde non hai profesorado de apoio, non hai apoios; que onde non hai posibilidade de escoller calquera opción, non hai igualdade; que onde non hai profesionais dispoñibeis, non hai atención á diversidade; que onde non hai desdobres ou posibilidade de titorías, non hai xeito de axudar a quen non dá avanzado ao mesmo ritmo ca o resto. 
Por iso nos concentramos, en unidade, pola loita común que é un Ensino público de calidade para os nosos fillos e fillas. 
É realmente penoso que teñamos que xuntar folgos e berrar "NON AOS RECORTES"  e demandar algo que é un dereito universal: unha educación Pública, igualitaria e gratuita. 

Se así o queren na consellaría, así o seguiremos facendo. 
A COSTA DA MORTE NON VAI CANSAR!

Esta é a lista de alumnado por concellos:

Concello Ed. Infantil Ed. Primaria Ed. Especial ESO Bacharelato
Cabana 44 106 0 82 0
Camariñas 99 227 0 160 0
Carballo 633 1.602 15 1.157 394
Carnota 56 99 0 72 0
Cee 162 416 0 457 272
Corcubión 28 70 0 0 0
Coristanco 151 342 0 208 0
Dumbría 16 43 0 0 0
Fisterra 64 144 0 132 0
A Laracha 221 550 0 408 104
Laxe 49 114 0 73 0
Malpica 60 145 0 101 0
Mazaricos 57 135 0 85 0
Muros 122 312 0 252 89
Muxía 44 149 2 80 0
Ponteceso 100 194 0 155 105
Santa Comba 154 391 1 279 98
Vimianzo 93 194 0 138 111
Zas 72 166 0 133 79
TOTAL 2225 5399 18 3972 1252
TOTAL ALUMNADO COSTA DA MORTE CURSO 2022/2023: 12866

Novas relacionadas

Comentarios