Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A comunidade escolar do CEIP de Dumbría, en loita contra os recortes

foto anpa colexio dumbria 5 setembro 2022
A comunidade escolar dumbriesa ás portas do centro
A comunidade escolar do CEIP de Dumbría, en loita contra os recortes

A comunidade escolar ao completo do CEIP Santa Eulalia de Dumbría está en plena loita contra os novos recortes. Nun convuslo comezo de curso, Consellería de Eduicación vén de tomar a determinación de que un dos profesores destinados no centro, e cuxa praza se atopa no mesmo, pase a ser compartido con outro centro escolar, o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Iso, sen se ter reducido o número de matrículas.

A ANPA 15 de maio (nome que lembra aquela loita nos anos 90 pola ESO) xa ten mobilizado ás familias e ten colleitado o apoio do Concello de Dumbría, que vén de enviar un escrito de apoio firme ante a Xunta, e mesmo da CIG.

Nin Concello nin CIG entendente a decisión de converter unha praza de Educación Primaria do CEIP de Dumbría en itinerante co centro corcubionés. “Non é de recibo o trato discriminatorio que o alumnado do rural está a recibir por parte da Consellería. A calidade de vida da poboación rural, e da Costa da Morte en concreto, está a minguar día a día”, denuncia no seu escrito o Concello dumbriés, que une esta crítica coa “coa supresión e materia de sanidade de servizos e o peche de consultas en pleno mes de agosto, mes no que o incremento de poboación é significativo; as deficiencias en servizos de pediatría e matronas; os déficits en infraestruturas, con estradas nun estado lamentable, bacheadas; están a facer cada día máis complicado fixar poboación neste territorio”.

Dende CIG Ensino apuntan ademais que “a proposta da Consellaría non soluciona as necesidades do CEIP Praia de Quenxe.
A CIG tamén quere manifestar o seu apoio e chama a participar na concentración que a FANPAS ten convocada para o próximo mércores, 7 de setembro, ás 20h na Praza 8 de Marzo de Cee.

Comentarios