César e Joseph, diplomados de Produción Agriopecuaria no EFA Fonteboa para desenvolver Costa de Marfil
Rematou un ciclo. Rematou a experiencia formativa de dous rapaces de Costa de Marfil na Costa da Morte. O EFA Fonteboa celebraba a graduación do Ciclo Medio de Produción Agriopecuaria , e entre os alumnos estaban César Kinino e Joseph Arnaud Valera. Son dous rapaces de Costa de Marfil, que gracias a un tremendamente produtivo proxecto da ONG Egueire, puideron cursar no centro coristanqués esta formación de primeira liña, para voltar ao seu pais preparados para desenvolver iinciativas na materia.
De feito, nos vindeiros meses, César e Joseph serán os os futuros coordinadores do proxecto profesional en N`zida (Grand Lahou) da ONG Egueire, complentado así este proxecto que pretende buscar un futuro para a xuventude marfileña que fomente ademais o auto desenvolvemento do país africano.
Promocion do Ciclo Agropecuario do EFA Fonteboa 2017-2018Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/dous-mozos-de-costa-de-marfil-formanse-no-efa-fonteboa-para-crear-unha-escola-agricola-no-seu-pais- As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC.
- Febreiro 18: 170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17 A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Outubro 17: Egueire arrincará a celebración dos seus 10 anos coa inauguración da Maternidade en Costa de Marfil.
- Setembro 2017: A ONG Egueire envía material sanitario para o hospital de maternidade que constrúe en Nandibou.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])