Martes. 23.04.2024
El tiempo

A CMAT contactou con máis de 30 axencias na Farway

José Marcote, Mónica Rodríguez, Gema Lema e Marta Rodríguez representaron a CMAT na Farway
José Marcote, Mónica Rodríguez, Gema Lema e Marta Rodríguez representaron a CMAT na Farway
A CMAT contactou con máis de 30 axencias na Farway

Presencia completa da Costa da Morte na FairWay Santiago 2021. Ademais dos stands propios do Concello de Mazaricos e da Asociación Solpor, a CMAT, o ente publico-privado que xestiona o noso xeodestino, tamén estivo traballando durante os 3 días de feira (do 7 ao 9).

Ademais da exposición no stand da reportaxe ‘O Camiño Continúa’ feita o pasado mes de setembro con varios blogueiros, o equipo de traballo mantivo entrevistas e workshops (un formato directo e profesional que permite coñecer a axentes turísticos ou hosted buyers) con máis de trinta axencias de viaxes interesadas en impulsar e potenciar a comercialización do xeodestino Costa da Morte.

A clave destos encontros presenciais: facilitar o cruce de axendas entre os hosted buyers e CMAT.

Valoran moi positivamente ademais os encontros coa Asociación Solpor, cuio presidente Jesús Picallo, trasladou as diferentes necesidades do territorio. “Tomamos nota das súas demandas para impulsar xuntos iniciativas que sirvan para a promoción turística do noso territorio”, sinalou Mónica Rodríguez.A presidenta de Costa da Morte Asociación Turística, valorou a feira como “punto de encontro para afianzar vínculos, concretar novos proxectos e compartir inquedanzas co tecido asociativo”.

Novas turísticas

Comentarios