Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A CMAT pon en marcha o I Concurso Fotográfico "Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe"

CONCURSO CMAT VERTICAL (Flyer (A4)) copia 2
A CMAT pon en marcha o I Concurso Fotográfico "Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe"

A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), co apoio da Deputación da Coruña, organiza o «I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe». Un concurso dirixido a calquera persoa para poñer en valor o territorio e dar a coñecer os diferentes lugares e recursos da Costa da Morte.

Para participar neste concurso, será necesario facelo a través dunha conta de Instagram pública. Deste xeito, a CMAT espera que as persoas interactúen a través das redes sociais compartindo momentos, experiencias e reunchos especiais da Costa da Morte.

A temática debe resaltar a Costa da Morte como un destino aínda con moito que descubrir, sen masificacións e destacando ese carácter tan propio deste territorio.

Participación 

O concurso xa está en marcha e durará ata o 30 de outubro de 2024 ás 23:59. Ademais, haberá dous categorías de premios. A primeira será a do Premio do Público, que será para a fotografía que, a 31 de outubro de 2024 ás 00 horas, conte con máis “gústame” na publicación de Instagram coa que participou. A segunda, será o Premio do Xurado, que sairá dun grupo de persoas elixidas a tal efecto e que se fará público máis adiante.
Os premios entregaranse no IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, ao que serán convidadas todas as persoas finalistas.


O concurso xa está en marcha a través de Instagram.

Comentarios