sábado. 31.01.2026
El tiempo

A cocaína e o alcohol seguen a ser as principais causas de busca de centros de deshabituación a través de Vieiro

Xose Maria Aran e Fina Rey de Vieiro
Xose Maria Aran e Fina Rey
A cocaína e o alcohol seguen a ser as principais causas de busca de centros de deshabituación a través de Vieiro

A presidenta de Vieiro Fina Rey e o Vicepresidente Xosé María Arán, presentaron o informe anual correspondente ao ano 2025 de Información, Atención e Asesoramento.

Este servizo que ofrece axuda sobre calquera aspecto relacionado con problemas derivados do consumo de substancias e outras condutas adictivas e o seu tratamento. O informe debulla perfil xeral das persoas que acceden ao sistema de prevención ou tratamento da entidade, pero tamén analiza as substancias de consumo, e as tendencias.

Os homes presencialmente, as mulleres telefonicamente

As persoas que solicitaron orientación e asesoramento pertencen aos concellos que comprenden a área xeográfica que abarca desde A Coruña a Fisterra, sendo atendidas na entidade un total de 279 demandas presenciais e telefónicas. Delas, 76 consultas foron realizadas na sede da entidade, sendo atendidos 51 homes e 25 mulleres. A través de vía telefónica atendéronse un total de 203 chamadas, das que 47 foron realizadas por homes e 156 por mulleres.

Programas de prevención e deshabituación do consumo de cocaína e alcohol

No que se refire ao motivo das consultas, destacan en primeiro lugar as referidas á solicitude e información sobre programas de prevención, seguido en segundo lugar de solicitudes de información sobre centros de deshabituación relacionadas sobre todo co consumo de cocaína e alcohol e, en menor medida, de heroína, novas tecnoloxías e cannabis. Destas últimas demandas ao redor dun 71% foron realizadas por homes e un 29% por mulleres no que respecta á atención presencial, e un 34% de homes e 66% de mulleres na atención telefónica.
Dase a circunstancia que a maior parte das consultas son realizadas polas familias ou o/a propio/a interesado/a.

As demandas relacionadas coa orientación de habilidades e estratexias psicoeducativas de orientación a familias para o manexo de condutas de risco ocuparían o terceiro lugar.

A substancia máis consumida por parte das persoas que solicitaron información foi a cocaína, cun 40% dos casos derivados, seguida do alcohol cun 21%, o 28% repártese a partes iguais entre novas tecnoloxías e heroína, e para finalizar, o 11% restante corresponde ao cannabis.

Derivación

En canto a derivación a recursos asistenciais especializados, realizáronse un total de 17, dos cales o 88% correspondía a homes e o 12% mulleres. A maioría foron atendidos en Proxecto Home e noutros casos xestionáronse noutros centros de rehabilitación, como a UCA ou Adico.

Comentarios