Martes. 16.04.2024
El tiempo

O colectivo Pedriatras e Matronas Xa fai este domingo na feira de Cee unha recollida de sinatura para a mellora da atención primaria

sinaturas-iniciativa-lexislativa-popular
O colectivo Pedriatras e Matronas Xa fai este domingo na feira de Cee unha recollida de sinatura para a mellora da atención primaria

O colectivo "Pediatras e Matronas Xa" sae este domingo, 25 de setembro, á rúa para a recollida de sinaturas da Iniciativa Popular promovida por SOS Sanidade Pública sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria en Galicia. Será entre as 10:00 e as 13:00 horas no mercado de Cee.

"Pediatras e Matronas Xa" colabora con SOS Sanidade Pública nesta iniciativa o igual que outras asociacións, plataformas, sindicatos, etc… que xa  iniciaron en moitos outros concellos galegos esta recollida de sinaturas. Segundo indican os seus integrantes, aínda quedan  algunhas (plataformas, asociacións, etc…) que iniciaran en breve a recollida, "pero polo momento está sendo un éxito nalgúns lugares xa se están esgotando os pregos, eso sí, que non se preocupe ninguén que xa hai previsión de imprimir máis, todo o que queira colaborar vai poder facelo".

"No noso caso comezamos agora, pois somos nais e coas crianzas nas vacacións xa se sabe que resulta un pouco complicado, por iso tamén esperamos a que finalizaran as adaptacións nos coles para poñernos as pilas e poder chegar os concellos da Costa da Morte e a outros fora da contorna", indican dende o colectivo.

A vindeira semana poñeranse mesas mesa de sinaturas  nos seguintes lugares: 
- Fisterra: martes 27 de setembro, no mercado semanal
- Muxía: venres 30 de setembro, no mercado semanal

Comentarios