Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A conciliación a debate nos Faladoiros feministas da Costa da Morte

Lienzo de Viki Rivadulla da serie Raras Exiliadas perifericas e monstras
Lienzo de Viki Rivadulla da serie Raras Exiliadas perifericas e monstras
A conciliación a debate nos Faladoiros feministas da Costa da Morte

O pasado venres 15 de maio desenvolveuse o III Faladoiro en clave feminista, armado polas mulleres das asociacións feministas de Carnota, Cee e Vimianzo. Unha serie de conversas nun momento no que “está en xogo a sociedade que queremos construír agora que xa sabemos o que acontece cando non poñemos o coidado das persoas e da natureza no centro”.

As dúas últimas sesión versaron moito sobre a dificultade da conciliación recoñecendo a sobrecarga de traballo de coidados para as mulleres. “Resulta complicado traballar dende a casa, o que chamariamos teletraballo se non fose porque tamén temos que coidar das crianzas, axudarlles coas tarefas escolares, coidar das persoas maiores que xa non van ao centro de día, soster emocionalmente a familia, ter a casa máis limpa que antes e facer malabares para acabar a xornada decentemente”, explica dende o colectivo Buserana.

Esta situación provoca a evolución “da non corresponsabilidade nas tarefas da casa á directa sobrecarga para as mulleres”. Así o ratifican xa varios estudos xa amosan a diferencia en horas adicadas as tarefas do fogar, o estrés acumulado nas mulleres por esta situación, a tendencia a priorizar o teletraballo dos homes fronte ao das mulleres…

Unha situación que se agrava nas familias que quedaron sen traballo remunerado, sen ingresos e coa incerteza de non saber o que acontecerá ou coas que teñen que traballar por considerar que realizan traballos esenciais e levan o medo a contaxiar aos da casa.

”Nesta situación de estrés para as familias súmase agora este proceso de desescalada onde nos temos que ir reincorporando ao traballo e sabendo que as persoas maiores son de risco, xorde a pregunta, quen coida das crianzas?”.

A situación actual volve poñer no centro do debate o que xa foi o tema principal durante as mobilizacións do 8M: o coidado. “Regulamos horarios de paseo, de apertura de negocios... pero o coidado dos nosos fillos e fillas pasa a ser unha responsabilidade que cada familia ten que resolver como poida. Cremos que se debería permitir conciliar no traballo ás persoas adultas para poder atender aos da casa que o necesitan, eso debería estar regulado tamén”.

Novas relacionadas

Comentarios