Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Confraría de Corme e os comercios de Baio únense ao paro do transporte ante a eterna subida do coste da enerxía

Paron de luz o 14 de marzo
A Confraría de Corme e os comercios de Baio únense ao paro do transporte ante a eterna subida do coste da enerxía

Sobe, sobe, sobe, sobe sen teito o prezo da enerxía ao gusto dos lobbies empresariais. O da electricidade é algo surrealista, con máximos históricos semana tras semana dende hai máis dun ano. O da gasolina xa comeza a ser algo inaudito, co litro rozando os 2 euros, e a incerteza de ver o que pasa coa guerra de Ucraína.

A primeira en plantarse é a Plataforma en Defensa del Sector del Transporte que vén de convocar un paro para este luns 14 de marzo de 2022. Un paro, en calquera caso que non é folga, pois esta é convocada pola patronal pero non secundada polos traballadores, que xa nin sequera se poden permitir o luxo de facer folga.

Na Costa da Morte hai xa dous colectivos que se unen. Dende Corme a Confraría de Corme estará baixo mínimos (porque non poden pechala por ser un servizo público) como reivindicación polo alto prezo do combustible subvencionado. “Estamos traballando para pagar o gasoil, pouco máis”, denuncian os mariñeiros, que afirman que a acción tamén serve para “darlle o noso apoio ao sector do transpoerte, sector vital tamén para o mundo da pesca, do que dependemos, e queremos apoialos no seu día de paro”.

O Comercio de Baio é outro que quere parar ante “as terribles subidas de prezos”. Fan así “un chamamento a todos aqueles que poidades unirvos a nós para mostrar a nosa repulsa ante tal barbaridade”. E para iso, propoñen que o 14 de marzo, xunto co parón dos transportes, “abramos os nosos negocios a escuras, é dicir sen acender a luz”.

Varios comercios da zona aseguran que van secundar esta idea para protestar polo custe da luz, e piden que os veciños tamén se unan, baraxando a posibilidade de facer varios apagóns ao longo da semana.

Comentarios