Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Conmoción en Carnota polo peche do Centro de Día

Conmoción en Carnota polo peche do Centro de Día
A Xunta pecha o Centro de Día de Carnota

Case non hai, incomprensiblemente nunha zona envellecida como esta, en toda a bisbarra. E para un que existe, e que funciona ben, o pechan. Así o senten moitos dos maiores de Carnota que pasan os días no Centro de Día de Carnota. Os recortes en materia de asistencia aos maiores fan que a Xunta decida pechar este centro de maiores, e así llo facían saber as preocupadas traballadoras aos usuarios.

E foi a través dos propios usuarios os que informaron ao Concello unha vez que a Xunta non informou á entidade municipal. "Antes de plantexar ningún movemento, o concello fai falar cos usuarios afectados e actuaremos en base ao que nos comenten", comentan dende o Concello, ao tempo que consideran "unha mágoa que os núcleos pequenos do rural coma nós queden con cada vez menos servizos".

Quedan así os usuarios, que utilizaban o centro dende o 2008, algúns chegados mesmo de Corcubión ou Fisterra, pendentes dun posible traslado ao Centro de Muros, onde xa contan con moitos usuarios, polo que a atención dificilmente será a mesma, ademais dos problemas de transporte xerados polo peche. E veremos que acontece cos traballadores do Centro.

O BNG pediu a continuidade

E aproveitando a visita de Xavier Vence, que amosou o seu “total respaldo”, O BNG manifestaba a súa reivindicación do Concello de Carnota para que a Xunta non peche unilateralmente o centro de día. O responsable nacionalista considerou “lamentable que o goberno galego ameace con pechar unilateralmente estas instalacións”.

Nesta liña destacou que este centro resulta indispensable “en tanto que presta un servizo fundamental nun concello rural das características do de Carnota”, polo que dixo non entender por que a Xunta pretende pechalo “sen valorar as consecuencias da decisión”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios