Martes. 19.03.2024
El tiempo

Constituída a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía

Mojon do Camino Fisterra-Muxia
Constituída a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía

Se para algo está servindo toda esta pandemia é para fomentar unha unión no sector turístico-hostaleiro. Xa vimos a creación da Plataforma do Turismo e da Hostalería da Costa da Morte, que precisamente convoca unha manifestación de Fisterra a Carballo para este domingo. Hoxe coñecemos a unión no eido municipal, coa constitucion da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía. Os estatutos xa foron aprobados en sesión Plenaria de cada concello sendo ratificados nunha xuntanza telemática en presencia dos alcaldes e representantes dos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra.

A Xunta Directiva foi aprobada por unanimidade dos asistentes sendo o Presidente o representante do concello de Dumbría, o Vicepresidente o represente do concello de Negreira, a secretaria a representante do concello de Cee, o tesoureiro o representante do concello de Fisterra, e os/a vogais os/as representantes dos concellos de Corcubión, Ames e Santiago de Compostela.

A creación desta entidade ofrece múltiples vantaxes a nivel económico, pois abre a posibilidade de obter fondos da Deputación, Xunta, Goberno Central e Unión Europea. Ademais, tamén terá un valor organizativo, xa que vai ter unha organización propia dedicada exclusivamente ao desenvolvemento dos concellos do Camiño de Fisterra e Muxía; e un valor social, posto que pode englobar, baixo a fórmula de membro amigo, outras entidades.

A Asociación busca promover conxuntamente esta variante saíndo das fórmulas individuais.

Novas relacionadas

Comentarios