Martes. 23.07.2024
El tiempo

Escora trae a danza ás rúas da Costa da Morte

Presentacion Escora Danza en Zas
Escora trae a danza ás rúas da Costa da Morte

As Torres do Allo convertéronse onte no escenario de presentación da nova edición de Escora Danza, un proxecto de danza contemporánea da Deputación da Coruña social e comunitario, que parte do territorio da Costa da Morte para configurar un programa a través dun traballo conxunto co tecido cultural e social de cada un dos 5 concellos participantes: Zas, Corcubión, Mazaricos, Camariñas e Carnota.

Este “proxecto de territorio, identidade e comunidade do que nos sentimos especialmente orgullosas”, xa leva semanas afianzándose no tecido asociativo da comarca.

 

Escora Danza “é un proxecto de mediación no que están cinco concellos implicados que nace aquí, na Costa da Morte, un territorio cunha identidade propia. A partir deste territorio programamos e interactuamos”, sinalaron na presentación. É, polo tanto, “moito máis que unha programación; a danza é a linguaxe artística empregada neste caso, pero o foco e o valor diferencial está nese traballo previo xunto coas asociacións e entidades locais de cada concello”.

Así, durante o mes de maio encherá as rúas de danza contemporánea, con espectáculos que, algúns, son o resultado dese traballo previo”. Unha programación que inclúe “propostas escéncias, residencias, encontros, co obxectivo de transformar e construir unha actividade viva e dinámica”. González resumiu Escora Danza como un

A comisaria e coordinadora de Escora Danza, Marcia Vázquez, destacou tamén a “función de mediación” do proxecto. “Para programar, é primordial entender como funciona cada lugar, parroquia e vila para que a xente se involucre e, partindo diso, facer a mellor proposta en base ás súas peculiaridades. Cada espectáculo de Escora Danza está moi pensado e traballado de maneira previa coa veciñanza”. Unha colaboración “esencial” xa que, engadiu, “se a veciñanza baila esta experiencia dende a súa orixe vai recibir o espectáculo doutra maneira, cun achegamento máis sincero e honesto”. Marcia tamén resaltou a diversidade deste proxecto, “que representa a propia diverisade da Costa da Morte”, e tamén a súa accesibilidade.

Dende a asociación Agro de Baio, David Canto apuntou que Escora Danza, “é un punto de conexión entre a danza moderna e a tradición, cun espectáculo dirixido por unha persoa que representa esa perfectamente esa conexión como Fran Sieira”. Ademais, “é unha maneira de cohesión interxeracional, e de unirnos e de levar a nosa danza á vila dunha maneira a que non estamos acostumados”.

Pola súa parte, o responsable das residencias de Camelle “Casa no Alto”, Pablo López, destacou a “sorte” de poder formar parte do proxecto, e de “recibir ao colectivo Vacaburra e poñer en marcha máis actividades co instituto e, por suposto, a mostra de danza. Temos moita sorte por recibir a Escora e facer estas cousas para Camelle e Camariñas”.

Programación

A programación de danza comezará o día 15 de maio en Zas, onde tamén terá lugar outra actividade o día 17; en Camariñas, os días 16 e 18; en Mazaricos, o 18 e o 19; Corcubión o 24 e o 25 e en Carnota, o 26.

·         Zas:

  • 15 de maio: Obradoiro co alumnado de 1º de Bacharelato do IES Maximino Romero. 17 de maio: Espectáculo de danza creado por Fran Sieira e Asociación Cultural Adro de Baio nas Torres do Allo. Posteriormente haberá unha foliada aberta.

·         Camariñas:

  • 16 de maio: Actividades co alumnado do instituto Pedra da Aguía no Museo de Man de Camelle.
  • 18 de maio: Espectáculos de danza na rúa e pandereteiras.

·         Mazaricos:

  • Día 18: Obradoiros para a veciñanza de Arcos pola compañía A Artística.
  • Día 19: Espectáculos de danza na rúa.

·         Corcubión:

  • Días 21 e 24: Obradoiros con Félix Fernández.
  • Día 25: Obradoiro de danza con Ánxela Blanco e Beatriz Rubio  para as familias da Plataforma Reiseñores e espectáculos de danza na rúa.

·         Carnota:

  • Día 26: Obradoiro co Clube de Fútbol De Carnota e coa asociación Sonlilá, e espectáculos de danza na rúa.

 

 

Comentarios