Constituída a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía
Se para algo está servindo toda esta pandemia é para fomentar unha unión no sector turístico-hostaleiro. Xa vimos a creación da Plataforma do Turismo e da Hostalería da Costa da Morte, que precisamente convoca unha manifestación de Fisterra a Carballo para este domingo. Hoxe coñecemos a unión no eido municipal, coa constitucion da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía. Os estatutos xa foron aprobados en sesión Plenaria de cada concello sendo ratificados nunha xuntanza telemática en presencia dos alcaldes e representantes dos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra.
A Xunta Directiva foi aprobada por unanimidade dos asistentes sendo o Presidente o representante do concello de Dumbría, o Vicepresidente o represente do concello de Negreira, a secretaria a representante do concello de Cee, o tesoureiro o representante do concello de Fisterra, e os/a vogais os/as representantes dos concellos de Corcubión, Ames e Santiago de Compostela.
A creación desta entidade ofrece múltiples vantaxes a nivel económico, pois abre a posibilidade de obter fondos da Deputación, Xunta, Goberno Central e Unión Europea. Ademais, tamén terá un valor organizativo, xa que vai ter unha organización propia dedicada exclusivamente ao desenvolvemento dos concellos do Camiño de Fisterra e Muxía; e un valor social, posto que pode englobar, baixo a fórmula de membro amigo, outras entidades.
A Asociación busca promover conxuntamente esta variante saíndo das fórmulas individuais.
Novas relacionadas
- 22-02-2021: Manifestación comarcal da Hostalería e o Turismo: “O Plan de Rescate actual é unha farsa”.
- 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: “Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar”.
- 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais.
- Jesús Picallo nomeado novo Vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia.
- Solpor, un exemplo de unión e esperanza para o sector.
- Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local”.
- A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.