Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Convidan ao Papa a facer unha limpeza medioambiental na Costa da Morte

Expedición camariñá co Arzebispo de Santiago enviando a carta-invitación ao Papa Francisco
Expedición camariñá co Arzebispo de Santiago enviando a carta-invitación ao Papa Francisco
Convidan ao Papa a facer unha limpeza medioambiental na Costa da Morte
Decidida a aposta dunha completa expedición Camariñas para atraer ao ecoloxista papa Francisco a participar nun acto na defensa do mar na Costa da Morte de cara á súa probable visita a Galicia no vindeiro Xacobeo 2021. 
 
Así o rubricaron este pasado 15 de novembro, nunha reunión co arcebispo de Santiago, figura clave para que se leve a cabo a viaxe do papa Francico. Nesta visita de carácter institucional, liderada pola alcadesa de Camariñas (que aproveitou para tratar asuntos de interese dos veciños en cuestións de terreos propiedade da igrexa), estiveron presentes as directoras de San José de Cluny, o presidente da Confraría de Pescadores e presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Camariñas e a asociación Mar de Fábula. Toda unha completa expedición que dá conta de que, esta invitación, ideada por Xosé Manuel. Barros de Mar de Fábula e tras dous anos de preparacións, é firme.
 
Firme e perfectamente fiada, ligada á publicación da encíclica "Laudato Si", que asinaba o propio Papa Francisco o 24 de maio do ano 2015, e que causou no seu momento, unha fonda impresión a nivel mundial e receos nos círculos do poder polo que tiña de aguda crítica da sociedade de consumo, ao tempo que alertaba sobre as graves ameazas ecolóxicas e de crise social e humanitaria coas que se enfronta o planeta. 
 
Por iso cren posible que Francisco acepte a participar nun acto simbólico de defensa do mar, coma un voluntario máis, nunha das limpezas da ribeira que todos os anos organiza Mar de Fábula en colaboración coa agrupación de mariscadoras de Camariñas. Esta acción, proxectada a nivel mundial, mobilizaría conciencias en todo o planeta independente de razas, condicións ou crencias.
 
O arcebispo de Santiago, que declarou sentirse honrado por esta embaixada da Costa da Morte, manifestou a súa vontade de facer todo o que estvera na súa man para que se leve adiante este acto simbólico en defensa do mar por parte do papa Francisco, sempre que acepte a invitación de viaxar a compostela no ano santo, feito aínda non confirmado. 
 
 
 

Comentarios