Coristanco ten orzamentos 3 anos despois tras un tenso pleno co servio de pediatría como protagonista
Dende 2015 levaba o Concello de Coristanco prorrogando o orzamento anual. Unha demostración da agria situación política que vive o pleno bergantiñán, aínda máis inestable trala marcha do goberno do outro alcalde, Pensado Plágaro.
En todo caso, nun pleno marcado pola presencia das familias afectadas pola falta dun servizo decente de pediatría, o alcalde Abraham Gerpe (non adscrito trala súa expulsión do PSOE), aprobou unhas contas co apoio dos 6 ex edís do PP (expulsados tamén despois da polémica moción de censura), incluído o voto do propio Plágaro, e ex edil de TEGA (esta marchou do seu grupo) Verónica Facal.
Unhas contas que só criticou o grupo de Terra Galega, e que criticaba o BNG, a pesar de que Laura Mariño non puido acodir á cita plenaria.
As contas supoñen unha baixada de máis de 1,2 millóns de euros (de 5.286.845,17 a 4.097.840,37), a pesar de que aínda hai pendentes 1,7 millóns de euros pendentes de executar.
TEGA e BNG coinciden na denuncia da "a parálise e falta de iniciativa" do goberno municipal, unha vez que o propio alcalde recoñecía que “a licitación de obras está bloqueada”.
Pediatría
As familias quixeron deixar claro que o Concello non pode permitir a falta dun servizo tan básico como o Pediatra. Despois da moción de TEGA, o propio alcalde presentou a súa moción para finalmente unilas e aprobalas. Algo que non serve ás familias, que mesmo increparon ao alcalde nun tenso final de pleno.