Sábado. 20.04.2024
El tiempo

COSAL repasa varias alternativas éticas á banca comercial

COSAL repasa varias alternativas éticas á banca comercial
Iñaki Valverde, de Fiare e Verdegaia deu un repaso á Banca Ética en Corcubión

"A banca está detras de todos os movementos humanos. Todo o que vemos ao redor implica unha transacción monetaria, e polo tanto, o banco que é o que tamiza practicamente todas as nosas relacións co mundo". Baixo esa premisa Iñaki Valverde, membro do proxecto Fiare a través de Verdegaia, achegábase a semana pasada á Costa da Morte para falar sobre "Banca ética", nunha charla organizada por COSAL Costa da Morte na Terraza do Hórreo de Corcubión.

Efectivamente, dous conceptos que en moitos casos se pode entender como inconexos, pero que unidos, poden ter un sentido real. Valverde comezou repasando os comezos da existencia dos bancos, ou a creación das Caixas, cun componente social moi acentuado, e xerado como un simple "mecanismo de mediación entre as persoas e as súas relacións económicas".
Hoxendía o problema é que está "hipertrofiada a parte especulativa: o 60-70% da masa monetaria vén de aí, non de economía real". Un dato que "explica como está agora a banca, e se non pasase isto se cadra eu non estaba aquí falando de banca ética", porque a banca podería ter sido, cando menos, razonable, sempre.

"Onde van os meus cartos?"

Iñaki explicou que o interese de Fiare, proxecto que traballa pola creación dunha verdadeira banca ética a modo de cooperativa en España, é "sacar xente dos circuitos comercias", e para iso anima a preguntar no banco: "A onde van os meus cartos?".

Unha sinxela pregunta que nunca se fai, e que realmente non o poden saber nin os directores das urbanas pola falta de transparencia das entidades, pero que en moitos casos, serve para financiar, por exemplo, o armamento de países en conflito.

Que implica a palabra "ética"

É aquí onde a Banca Ética se sitúa. Se ben non che vai dar unhas condicións económicas mellores (terás que asumir algunha perda nos teus xuros), a Banca Ética "non pode invertir en proxectos con criterios negativos, pero ademais ten que promocionar criterios positivos. Só cousas positivas socialmente (principios de igualdade, insercion social e laboral, medioambiente, non lucrativo...), tendo ademais que ser completamente transparente, que permita saber onde se investiron os teus cartos".

De aí, que estas entidades xa non falen de relación "cliente-proveedor de servizos" unha vez que apostar por ela xa significa un acto de responsabilidade.

Ademais, "toda banca ética non teñen fins lucrativos e seguen o concepto de insuficiencia. Isto é, cando a banca perde cartos, ti tamén. Pero se ti os perdes, a banca tamén. Por iso miran ben os créditos que dan".

Outro detalle é a "Distancia social. As caixas antes eran máis cercanas aos cidadáns pero coa fusión xa non hai nin para negociar". A banca ética trata de achegarse ao inversor.

Ética <=> Publicidade

Que pasa, que dende hai uns anos moitas entidades financieiras aproveitaron este efecto disuasor para vender. "A ética sérvelle de pintura para a banca comercial. Convertiuse nunha nova vía publicitaria", apunta Valverde. "O que pasa é que non podes ter un produto que se rixa polos mecanismos éticos e o resto do banco polos mecanismos dunha banca comercial. Os dous conceptos non poden cadrar xuntos".

Clases de proxectos financieiros éticos

Hai varios tipos de proxectos financieiros éticos.

  • Banca ética. Modelo anglosaxón: O mellor exemplo é o Triodos Bank (recentemente instalado na Coruña), unha fundación, que funciona dentro dunha loxica empresarial pero utiliza criterios negativos, e positivos. Están fóra da bolsa, pero si fan ampliacións de capital. "Cobren as necesidades básicas, pero eu o tomo un paso previo para metelo nun sitio eticamente ideal", apunta Valverde.
  • Modelos fóra do sistema financieiro-bancario: Como Coop57 cooperativa de crédito catalana que serve só para gardalos cartos (non para solicitar créditos) e que ofertan uns servizos financeiros éticos e solidarios.
    Ademais, podemos falar de Isopeto, un proxecto "máis hipi e local", con presencia en Coruña.
  • Modelo latino: cos exemplos de Fiare, en España e Banca Popular Ética Italiana. Estas traballan baixo unha estrutura de cooperativa, mediante asembleas, cunha doble organizacion operativa, pero sempre coa asemblea por riba.

Fiare e Banca Popular Ética Italiana

A Banca Popular Ética Italiana naceu no ano 95. A día de hoxe conta 35.000 socios, e move o 1% do movemento financieiro italiano. Están moi fornecidas no tecido asociativo porque primariamente nace para servir de base ás asociacións.

FIARE nace no 2001 en Euskadi e agora xa está practicamente expandídose por todo o estado. En Galicia naceu no 2010 como asociación unha vez que para obter unha licencia de actividade bancaria o Cabo de España esixe 10 millóns de euros de capital social.
A partir de 2013 vai ser a 5 pata da banca popular italiana. Levan 6 meses estudiando a integracion, e como se vai estruturar. Dende aí comezará a traballar con banqueiros ambulantes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios