Luns. 18.11.2019
El tiempo

A Costa da Morte aprende a maridar Deporte e Turismo

O Grand Trail Costa da Morte é un evento deportivo-turístico
O Grand Trail Costa da Morte é un evento deportivo-turístico
A Costa da Morte aprende a maridar Deporte e Turismo

Seguindo a liña dos últimos anos do Concello de Dumbría, de convertir o deporte en motor económico a través do turismo, o CMAT apostou este 2019 por fomentar a chegada de visitantes a través de eventos deportivos. Todo enfocado ao principal obxectivo do Plan de Acción para o Turismo de Costa da Morte 2019-2021: a diversificación do sector e a desestacionalización da actividade turística.

O Circuíto Correndo pola Costa da Morte (esta fin de semana chegaba ao seu fiun a VI edición con máis de 900 inscritos), o Circuíto Travesía Costa Abanca, o Camiño dos Faros, o Grand Trail Costa da Morte, ou por suposto, o evento estrella, o internacional e multitudinario Gran Fondo Ézaro son eventos de primeira orde, e constitúen xa en si mesmos valiosos dinamizadores da economía local, ademais de supoñer importantes escaparates promocionais dos recursos naturais, actividades e servizos turísticos do territorio.

Conscientes disto, desde a CMAT vense traballando dende 2018 para que este incremento de participantes nos eventos deportivos do territorio se traduza nun maior aproveitamento turístico, tanto en termos de rendibilidade para as empresas do territorio, como nun adecuado posicionamento do xeodestino Costa da Morte como destino de turismo deportivo.

O programa de mellora do turismo deportivo na Costa da Morte, que dende 2018 se desenvolve en colaboración coa Deputación da Coruña, baséase no deseño de diferentes estratexias coas que se pretende romper co carácter de estacionalidade que envolve ao turismo, fomentando a diversificación do sector cara este segmento que cada vez atrae unha maior cota de mercado. Unha delas é a iniciativa “Costa da Morte Turismo+Deporte”, con 20 empresas adheridas e que ofrece paquetes exclusivos para participantes e familiares.

Comentarios