Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte, á cabeza dun sector lácteo que volve sufrir a baixada de prezos

granxa casais vacas copia
A Costa da Morte, á cabeza dun sector lácteo que volve sufrir a baixada de prezos

Que o sector gandeiro costeiro é unha auténtica potencia non é novidade. E iso nun momento complicado, onde a nova baixada de prezos por parte das distribuidoras pon en perigo a viabilidade de moitas granxas do país. O efecto “dumping” segue a ser o gran cabalo de batalla dun sector esquecido pola Unión Europea, que provoca que os prezos de venda do leite sexan máis baixos que os de produciópn.

Unha situación que afecta enormemente a Galicia, a pesar da falta de interese da administración. O noso país concentra o 40% da produción láctea española, con case 3 millóns de kg de leite producidos durante o 2020.

Precisamente, segundo a Federación Frisona Galega (FEFRIGA) e como recolle a revista especializada Vaca Pinta, 3 das 15 mellores explotacións de Galicia por produción son da Costa da Morte:

  • Grille S. Coop. Galega (Mazaricos) está no posto 4º,
  • García (Dumbría) no posto 8º,
  • SAT Vila Albores 1044 (Mazaricos) no posto 14º.

Entre as 20 mellores explotacións de Galicia por ICO, segundo avalización xenética, está a Ganadería Correa de Muxía, concretamente no posto 20º.

A revista tamén recolle recoñecementos ás vacas Michelín da Devesa Langueirón (Ponteceso) e Missouri da SAT Vila Albores (Mazaricos) polas estar entre mellores Primerizas do país.

Ademais, son varias as vacas costeiras entre as mellores produtoras, as que máois kg de leite produciron no 2020: Perlita, da dumbriesa García, con 23.619 kg de leite; Kingboy Apple e Liquid Gold da mazaricá Grille, con 21.967 e 21.657 kg; ou Yorick, tamén de Grille con 20.401.

Comentarios