Venres. 03.05.2024
El tiempo

O turismo da Costa da Morte espera un verán ao 96% de ocupación

Turistas facendo a queimada nas Eiras de Lires
Turistas facendo a queimada nas Eiras de Lires
O turismo da Costa da Morte espera un verán ao 96% de ocupación

A asociación de profesionais de turismo da Costa da Morte (APTCM) vén de publicar unha enquisa realizada entre o seu cento de socios para analizar como vén a temporada turística de verán. Un traballo que trata de poñer perfil ao tipo de cliente e/ou visitante que se achega ao Xeodestino Costa da Morte.

As razóns de vir á Costa

Un dato moi importante é coñecer os motivos polos que o turista elixe o Xeodestino Costa da Morte, fundamental para que as administracións tomen medidas:

ser unha zona pouco masificada , polo clima, a oferta gastronómica de calidade e variada, pola beleza da súa natureza e por ser unha alternativa sostible.

 

Ocupación do 96%

No relativo os niveis de ocupación a información obtida para os meses de xullo e agosto dos anos 2022 e 2023 e similar. Tanto no ano anterior como neste e baseándose nas reservas xa confirmadas a porcentaxe ronda o 96% .

Nivel económico, en aumento

En canto ao nivel económico medio do visitante, comparando tamén co período do 2022 coincide plenamente co 2023 obtendo uns porcentaxes do 78% dun perfil de visitante de nivel económico medio fronte a o 10% de un nivel económico baixo.

Onde existen diferenzas e na porcentaxe do perfil de visitante de un nivel económico si cabe, mais elevado que, no 2022 ronda o 10 % fronte a case o 19,8% deste ano 2023. Este dato nos ven a trasladar que o visitante de niveles económicos mais altos vai en aumento, case duplicando o do ano anterior.

Máis europeos

En canto a procedencia segue coincidindo, aínda que cun pequeno repunte con turistas procedentes de países europeos. No ano 2022 que o 81,1% e de ámbito nacional fronte a un 18,9% procedente de países da Unión Europea, sen embargo, no 2023 as porcentaxes do turista de procedencia da Unión Europea aumenta ata alcanzar o 21,1%.

Entre 5 e 7 días de estancia

O tempo de estancia media do visitante coincide nos dous períodos anuais sendo de entre 5 e 7 días. E na comparativa dos meses de xullo de 2022 e 2023 tamén a media está en nestes números de días ao igual que no mes de agosto.

Comentarios