sábado. 09.11.2024
El tiempo

A Costa da Morte estará presente na Manifestación compostelá en Defensa da Sanidade Pública

A Costa da Morte estará presente na Manifestación compostelá en Defensa da Sanidade Pública

Este domingo 9 de febreiro a Plataforma SOS Sanidade Pública ten convocada unha manifestación nacional. A saída está propostas para ás 12:00h dende a Alameda de Santiago de Compostela.

Non faltarán os colectivos da Costa da Morte que levan pelexando tanto por un servizo digno de pediatría, ou por unha atención primaria decente. Así, dende a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría, pasando por numerosas familias de Fisterra, Cee, Camariñas, Muxía ou Dumbría, que levan sufrindo o precario servizo de pediatría; ata as bravas representantes costeiras do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita non faltarán á cita.

Unha marcha que pretende alzar a voz contra o deterior da atención primaria e o desmantelamento dos Hospitais, e para dicir ben alto que as listas de espera e a precariedade laboral dentro da sanidade pública son inaceptables.

Todas as novas en materia de Sanidade

Comentarios