Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Enfermeiras Eventuais en Loita concentráronse polo incremento do ratio enfermeira-doente

As Enfermeiras Eventuais en Loita esta mañá no Hospital Virxe da Xunqueira.
As Enfermeiras Eventuais en Loita na concentración desta mañá no Hospital Virxe da Xunqueira.
As Enfermeiras Eventuais en Loita concentráronse polo incremento do ratio enfermeira-doente

Co 2020, a loita da campaña #12meses12loitas das Enfermeiras Eventuais en Loita non cesa, e esta mañá adicaron a súa primeira concentración para conseguir un aumento do ratio enfermeira-doente. Deste xeito, varios profesionais do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee reuníronse na entrada ás 12:00 horas para ler o manifesto reivindicando esta situación.

Nestes momentos, en Galicia este ratio sitúase en 5,3 enfermeiras por cada mil habitantes, ocupando o terceiro peor ratio do país. Ademais, xa non só está por debaixo da media española, que estaría en 6,5, senon que se encontra moi lonxe da media europea, cun ratio de 8,8 enfermeiras por mil habitantes. Unhas cifras que, segundo leron no seu manifesto, "dan unha idea da discriminación que sofren os nosos doentes en canto a recursos humanos".

Dende o colectivo indican que contar con un número axeitado de enfermeiras minimizarçia o risco de aparición de efectos adversos, ademais de mellorar a atención recibida por parte do doente e a percepción da calidade dos coidados que lles prestan. Por iso, #Coidaaquentecoida.

Así foi a lectura do manifesto:

Comentarios