Luns. 26.08.2019
El tiempo

A Costa da Morte, o novo porto de entrada da droga en Europa

A Costa da Morte, o novo porto de entrada da droga en Europa

Non hai que ser investigador para intuir a cantidade de droga que entra polos nosos portos no país. Así o sinala Antón Lestón, da CIG, quen se pregunta irónicamente "de onde saen todos eses grandes chalés, coches de luxo..."

O representante da CIG apunta que a Costa da Morte está a convertirse no que no seu día foi a Ría de Arousa, que lembremos voi asolagada pola chamada "marea branca" aló polos 80. "Está bastante demostrado que o que antes era a zona de Arousa, con portos abertos coma o de Cambados, a Illa ou Vilagarcía, ... agora deixou o relevo á Costa da Morte", asegura.ñ

Faltan medios

Así o denuncia Lestón, quen califica de insuficiente e ineficiente o Servizo de Vigilancia Audaneira (SVA) do país. "Faltan medios para paralizar a chegada de droga á Costa da Morte, ata que non cheguen os medios para perseguir a droga nada que facer".

Lestón denuncia a "deixadez" por parte da adminstración. Puxo por caso eses fardos atopados polas rías galegas, que son atopados por veciños no canto de polas forzas de seguirdade.

A cantidade que entra multiplicouse nos últimos tempos. O prezo é un exemplo: a día de hoxe a droga (sobre todo a cocaína e non tanto o hachís) está máis barato mesmo que nos 90. Hai que contar ademais con que só o 10% da droga que entra é capturada. "É moi crudo dicilo, pero é o que hai, a cousa está complicada e por aquí entra moita droga".

Fonte

  • Radio Nordes.

Comentarios