A Costa da Morte perde 351 empregos de golpe no peor mes da serie histórica

Ainda que o peso do sector primario en moitos concellos axudou a amortiguar o peor do golpe ao emprego que se viviu no resto do pais, a realidade vaise impoñendo.
Carballo encabeza a perda de emprego sumando 154 novos desempregados as listas do servizo galego de colocación, seguido de Santa Comba (29), Muros (24) e Zas con 23 novos parados rexistrados. A solicitude masiva de ERTEs por parte das empresas da comarca fai que esas baixas non conten na cifra final de desempregados e isto evita que vexamos a paralise no emprego no sector do comercio, hostaleiro ou de restauración, algún dos mais golpeados polas medidas contra o Coronavirus.
Haberá que agardar aos datos de Abril para ver esa segunda onda de despidos. O panorama amósase realmente complicado para a economía da bisbarra, xa de por si feble e en precario sen necesidade dunha crise destas dimensións. Toca ser coidadosos e agardar.
A realidade de XEAL
A contabilidade realizada onte non contabiliza o ERTE de XEAL, polo abril perfílase aínda máis duro. Son case 300 os traballadores que entran das fábricas de Brens e Dumbría os que entran no ERTE presentado pola empresa, se ben matizan dende a empresa que tralas medidas de corentena preventiva para o 50% do persoal de xeito rotativa en períodos de 14 días, o ERTE afecta exclusivamente aos traballadores que permanezan nos seus domicilios por razóns preventivas en quendas de 14 días e non será de aplicación para os traballadores que estean na rotación de 14 días de actividade, xa en funcionamento desde o pasado día 13 de marzo.
160.000 persoas en Galicia
Os datos a nivel galego son moi duros:
|
ERTES |
PERSOAS TRABALLADORAS |
A Coruña |
11.663 |
53.612 |
Lugo |
3.650 |
12.883 |
Ourense |
3.718 |
14.708 |
Pontevedra |
10.552 |
63.137 |
Autonómico |
880 |
15.045 |
TOTAL |
30.463 |
159.385 |
A nivel galego, Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activa unha páxina web, ceei.xunta.gal/
Ademais, a Xunta puso en marcha unha liña de teléfono gratuíta para atender as consultas de empresas e traballadores afectados por un Erte: 900 815 600.