Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O paro reflexa unha nova crise sistémica sen paliativos na Costa da Morte

O paro reflexa unha nova crise sistémica sen paliativos na Costa da Morte

Os datos de Outubro abocan a Costa da Morte a un escenario de perdida de emprego e a unha nova crise sistémica sen paliativos.

O territorio da Costa da Morte e Carballo perde 246 postos de traballo no peor Outubro dende 2011 e segue sen freo e costa abaixo cara a unha situación que provocou o penúltimo éxodo masivo dende a bisbarra cara outros lugares onde o traballo e as perspectivas de futuro sexan mellores. Só en Muxía se creou emprego (3) mentres Fisterra suma nada menos que 48 altas no servicio galego de colocación, máis que Camariñas (46) e que Carballo (36) os outros dous concellos que máis emprego destrúen neste outubro de 2019.

Pero indo mais aló do inmediato o estudo dos datos sinálanos unha tendencia clara que nos leva a un xuízo agoreiro bastante grave e preocupante: A Costa da Morte destrúe emprego ao nivel dos peores momentos da crise. Así, concellos coma Cabana, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Ponteceso, Laxe, Vimianzo ou Zas, se sitúan a niveis de ocupación similares aos de hai un ano. En todos estes concellos o número de parados é inferior, por moi pouco, ao que se rexistraba en Outubro de 2018 e nalgún deles como en Cabana, Carballo, Carnota, Corcubión, Dumbría ou Laxe a cifra se achega perigosamente a do nivel de ocupación que existía nestes municipios ao inicio da última gran crise, en 2006.

Así as cousas, os escenario político-económico que se vive no país, a proximidade dunhas autonómicas en 2020 e unha máis que previsible crise económica ás portas fan que a situación comece a ser grave para varios concellos.

Mentres Galicia perde nun ano máis de 2.000 autónomos segundo datos do RETA do Ministerio de Traballo, o perfil do autónomo en Galicia non varía: autónomo do sector servizos (62,2%), ainda que cunha importante presenza na agricultura, sen asalariados ao seu cargo, cunha única actividade, varón (aínda que cunha elevada presenza de mulleres), de entre 40 e 54 anos (ainda que cunha importante presenza demaiores de 55 anos), galego, que leva 5 anos ou mais co seu negocio e que cotiza pola base mínima de cotización.

Este é o panorama, en Galicia e na bisbarra, de cara a afrontar unha nova crise económica de consecuencias descoñecidas.

Comentarios