Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe o outono con moita festa

axenda-costa-da-morte-setembro-2022
A Costa da Morte recibe o outono con moita festa

Continúa a festa na Costa da Morte. E esta fin de semana, a primeira do outono, son varias as localidades que celebran as súas festas. Tomade nota:

Treos 

En Treos arrancan hoxe as festas na honra a San Miguel. Dj Rokiño e o Dúo Calú amenizarán a noite de hoxe. Mañá continúa a festa cunha sesión vermú a cargo de Alkar que compartirá escenario pola noite con CDC. E xa o domingo, volve a sesión vermú co dúo La Mecánica. 

A Santiña de Trasufre

En Trasufre, Muxía, continúan mañá as festas na honra da Santiña. E ademáis de pulpeira e sesión vermú co dúo Obice a festa segue pola noite co Combo Dominicano e Mega CDC.

Corme

En Corme celebra hoxe e mañá os Remedios. Esta noite haberá verbena coas orquestas La Oca e Los Españolas e con Drew Korme para o remate. E mañá, día 24, chega a gran Festa de Fin de Ano con uvas, cotillón e champaña ademais da música da orquesta Metrópolis, da disco móvil Impacto con David Bermúdez e con Drew Korme.

Esta fin de semana tamén outras citas culturais e informativas na Costa da Morte:

  • Conferencia divulgativa sobre os valores naturais e ambientais da Costa da Morte, da man do doutor en bioloxía Álvaro Barros López. A cita é mañá áa partir das 12:00 horas na Museo Man de Camelle. 
  • Presentación do libro "Atlántico Norte, chamádeme Ismael", de Xosé Iglesias, na Casa da Cultura de Cee que será mañá sábado ás 20:00 horas.
  • A praza da Igrexa de Corcubión acolle este domingo ás 19:30 horas a representación da obra de teatro "Terra de Raíñas" que chega da man de Os Quinquilláns. 
  • A praia de Laxe (zona da praza Ramón Juega) acolle este domingo a partir das 11:00 horas a 2ª xornada da liga atlántica de billarda 22-23

 

Comentarios