“Costa da Morte - Terra Atlántica” espera consolidarse como a “marca de calidade común”
Este xoves tivo lugar a Xornada Informativa sobre a nova marca territorio, “Costa da Morte - Terra Atlántica”, promovida polo GDR Costa da Morte. A Casa da Cultura de VImianzo acollía esta sesión á que acodiron empresarios, institución e entidades da zona, entre os que reina o “escepticismo” ante a creación dunha nova imaxe.
Dende o GDR, tanto o presidente Manuel Muíño, como o xerente José Antonio Vila, apostaron por este proxecto (foi un proxecto) entendendo que existe unha “importante demanda no tecido empresarial”. De feito, no Plan Estratéxico desenvolto nos pasados anos, a creación dunha Marca de Calidade propia do territorio era a demanda número 1.
Agora toca nvolucrar á toda a cidadanía e todo o empresariado arredor desta nova marca para convertelo nun “proxecto común” que aporte “visibilidade e valor engadido aos produtos e servizos da Costa da Morte”. “As empresas teñen que implicarse, porque sen elas todo isto non serve para nada”, explican dende o GDR.
Agora, xa dende a web terraatlantica.gal xa se pode comezar o proceso de adhesión, tendo en conta que a marca está aberta a toda clase de iniciativas, tanto de produtos como servizos.
Toca tamén ir combinando con outras entidades como a Deputación ou Turismo Galicia, como Xeodestino, que están dentro do GDR, para unificar criterios.
O GDR vai seguir realizando xornadas informativas, sesión de formación ás empresas, un completo de comunicación e de promoción, tanto online como offline, como merchandising, ir a feiras…