Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte e a UDC fan memoria a 20 anos de Prestige

Xornadas da Memoria Prestige 2022
Xornadas da Me
A Costa da Morte e a UDC fan memoria a 20 anos de Prestige

Volve á carga María Bella achegando alternativas socioculturais á comarca. E volve, da man da Universidade Cromática das Virtudes, asociación corcubionesa que une forzas coa Universidade da Coruña, para continuar co se proxecto arredor da memoria que nos queda do Prestige.

”Mareas de memoria a 20 anos do Prestige” supón a chegada a diferentes puntos da Costa da Morte, do IV Obradoiro Naturezas Híbridas (UdC). Gracias ao equipo docente Facultade de Socioloxía da UdC (Elvira Santiago Gómez, Carlos Diz e Jose Antonio Cortés Vazquez), teremos a oportunidade de disfrutar dun proceso de recuperación da memoria.

Os talleres afrondan dende unha perpectiva didáctica, o compromiso ético, feminista e ambiental. Entre as súas intencións está a de ensaiar aprendizaxes que mesturen o coñecemento académico con outro tipo de saberes “non expertos”.

As xornadas desenvolveranse durante o xoves 29 de setembro. A presentación será en Coruña, pero de contado, un autobús cargado con 55 alumn@s cara Corcubión. Na Capela do Pilar, un espazo menos convencional e xa un referente comarcal como contedor de cultura, desenvolveranse, en sesións abertas ao público (tocará arrimarse moito), as charlas da mañá, coa presentación do Arquivo Vivo da asociación cultural Unha Gran Burla Negra a cargo da propia María Bella xunto con David L. Abel, que desembocará nun foro aberto aos asistentes.

Pola tarde, a comitiva educativa desprazarase ao Faro Fisterra, onde farán unha visita dialogada. De aí visitarán Muxía, para manter un encontro con Viki Rivadulla e Lola Rontano, que compartirán a súa experiencia na Zona 0, que xa emocionou ao público de Madrid, durante as xornadas celebradas en outubro pasado co Centro Dramático Nacional e Chévere.

O proxecto completarase coa exposición de Tapices da Memoria realizada en Fisterra, que se desprazará ata a propia Universidade.

Xornadas da Memoria Prestige 2022 Programa

Novas sobre o #Prestige

Artigos de María Bella en QPC

Comentarios