Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fisterra tece a memoria da Marcha Mundial das Mulleres

Tapices da Memoria na Casa do Arco de Fisterra
Tapices da Memoria na Casa do Arco de Fisterra
Fisterra tece a memoria da Marcha Mundial das Mulleres

Fin de semana intensa en Fisterra arredor da memoria. Medio centenar de persoas achegáronse á Casa do Arco de Fisterra para coñecer de preto o proxecto Tapices da Memoria. Unha iniciativa para recuperar como a Marcha Mundial das Mulleres convertiu Fisterra nun epicentro da revolución social nos tempos do Nunca Máis.

Presentacion de Tapices da Memoria

Presentou a concelleira Teresa Fernández. “Ao igual que sacamos o chapapote coas nosas mans, esta mostra tamén está feita coas mans e coa memoria”, agradecendo a María Bella e a Unha Gran Burla Negra por escoller fisterra, e a Fani, a costureira do taller de Costura Creativa que uníu as teas no fermoso e emotivo tapiz.

A cita non puido esquecer o último asasinato machista acontecido na Coruña, e tanto a edila como Uxía Senlle durante o seu concerto, ao remate do acto na Praza da Constitución, berraron “Feminicidios Nunca Máis”.

A comisaria da exposición, Bella, comezou recoñecéndose “orgullosa de ter a oportunidade de facer un proxecto no que a loita feminista esta no centro”, e agradecendo “a todas esas mulleres que constrúen movemento feminista”. Matizou que “non é só de unha exposición temporal senon que a idea dos tapices é que o concello de Fisterra conte cun obxecto simbólico que permaneza e que faga a esta vila e aos que a visitan, lembrar que tamén é un lugar importante como símbolo da loita feminista. Oxalá poda servir para que a rapazada o aprenda”.

Por que un tapiz? “Tecer é para min unha práctica de resistencia e aínda que non tecimos senon que cosimos aproximámonos a esa idea”, explicou Bella. “Así que tecer é expresión da nosa intelixencia, da nosa linguaxe e en certo xeito da nosa espiritualidade e do noso ritual común”. “Por isto hoxe recuperamos a memoria da marcha en forma de tapiz. Nunca máis chapapote patriarcal!” sentenciou

Tamén falou Jorge Linheira, que debullou como levan dende Unha Gran Burla Negra 4 anos traballando para que non nos volvamos tinguir de negro.

En grupos de 10 foron pasando por dentro a Casa do Arco, e puideron facerse cun panfleto, esgotado no seu momento, que vén reeditar o Concello de Fisterra, que reproduce os textos que leron as mulleres aquel día de 2003 cando a Marcha Mundial das Mulleres tivo o seu epicentro en Fisterra.

Finalmente, Uxía non quixo esquecer como a Marcha Mundial como o movemento Nunca Máis cambiaron a nosa sociedade.

Concerto de Uxia Senlle en Fisterra

Novas relacionadas

Comentarios