Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal

  • Fan un chamamento ás mulleres de toda Galicia e da Costa da Morte para incorporar teas no tapiz conmemorativo da Marcha Mundial das Mulleres de 2003 que será exposto en Fisterra.
MARCHA MULLERES-JAVIER ALVA-concierto_UGBN
Imaxe do concerto no marco da Marcha Mundial das Mulleres de Fisterra en 2003. Foto-Javier Alva, Unha Gran Burla Negra
Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal

Continúa moi vivo o proxecto de recuperación da memoria daquela histórica Marcha Mundial de Mulleres (MMM) do 2003 celebrada en Cee e Fisterra no marco das protestas contra a xestión da catástrofe do Prestige. Un fito do feminismo galego, que a investigadora e curadora, colaboradora da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra e de QPC, María Bella, está tratando de traer de novo á actualidade.

Xa o pasado marzo, arredor do #8M, unía forzas coa Asociación Femisnista As Curandeiras de Vimianzo, co apoio documental de Mulleres Nacionalistas Galegas e xunto aos relatos de mulleres da Asociación feminista Buserana para recuperar e mostrar nas rúas unha veintena das imaxes desta marcha.

Agora a idea é facer, en colaboración co Concello e con varias entidades de Fisterra, un gran tapiz de tea no que mesturarán imaxes, texto, debuxos e outras pegadas coas que deixar constancia do acontecido. O formato de tapiz retoma as primeiras prácticas artísticas feministas dos anos 70 que buscaban por en valor as tarefas propias das mulleres que foran sempre denostadas a ollos dos homes reconverténdoas en prácticas artísticas experimentais e de liberación. Serven de inspiración artistas clásicas dos femisnismos artisticos como Miriam Shapiro ou Judy Chicago ou artesans das teas menos coñecidas como Rosie Lee Tompkins, como esta.

Exemplo duinha peza tapiz Rosie Lee Tompkins

Chamamento

De aí que a proposta faga un chamamento a todas as mulleres da Costa da Morte e de toda Galicia, para que envíen retais de teas para conformar un tapiz colaborativo.

O tapiz será elaborado coa colaboración das mulleres do obradoiro de costura creativa e de accesorios conducido por Estefanía Domínguez Trillo no Concello de Fisterra. Compoñeráse coas imaxes e documentos de arquivo e coas distintas teas de mulleres.
Estará exposto ao público na Casa do Arco de Fisterra a partires do 18 de setembro.

Así as que queirades participar podedes poñervos en contacto con María en [email protected] ou enviar directamente durante o mes de xullo o(s) voso(s) retais de tea (poden ter a cor ou estampado que queirades e o tamaño que consideredes (unha boa medida de referencia é o A3) á súa oficina: Rúa Antonio Porrúa, 3, Corcubión, 15130.
Podedes porsuposto incorporar se así o desexades unha mensaxe ou un nome.

Novas relacionadas

Comentarios