Sábado. 20.04.2024
El tiempo

COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3

Mapa coronavirus galicia 04-11-2020
Mapa do COVID en Galicia do 04-11-2020
COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3

A Xunta vén de actualizar os números da incidencia do COVID na Costa da Morte, pero os rexedores dos concellos máis afectados están moi sorprendidos polos números que están saíndo na prensa. “Estamos desinformados totalmente”, recoñece a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, que descoñece de onde sae e se é fiable a cifra que publica a Voz de Galicia de arredor de 150 casos. Un Concello que vivirá outro paso cara o confinamento co peche da hostalería programado, finalmente, a partir do sábado.
Outro dos Concellos en Nivel 3 (máis de 21 casos confirmados por PCR na última semana), Carballo, tampouco coñece o impacto real. O alcalde Evencio Ferrero chamou varias veces pero non lle dan os datos exactos.
E pecha a lista de concellos en Nivel 3 Malpica, onde o alcalde si que conseguiu que o Sergas lle infórmase o luns do número de casos (arredor de 40), pero que entende que "necesitamos información diaria". "Creo que  habería que facer un cribado masivo nos Concellos que entran en Nivel 3, e nos centros de ensino", apunta Walter Pardo.

En Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR na última semana) está o Concello de Santa Comba. Un Concello ao que o Sergas si que lle deu a cifra exacta de casos activos no día de onte: 28. Dase a circunstancia de que egue a aparecendo en cor laranxa (de nivel 2) no mapa de incidencia, pero o Concello xa está informando de que que entran en vigor as medidas de prrevención, como a de de limitar a 5 persoas as reunións sociais e familiares.
Ademais, informa dos dous casos confirmados a dous traballadores de Protección Civil, polo que queda baixo mínimos estes días.

Hoxe súmase o de Cabana ao Nivel 2 de Alerta.

En Nivel 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días están os concellos de Laracha, Coristanco, Ponteceso, Laxe, Zas, Camariñas, Muxía e Mazaricos.

Saen desta lista Fisterra e Muros, que se unen aos Concellos que van esquivando esta segunda onda, como son Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota.

Ademais, temos 9 hospitalizados no HVdX, 1 máis ca onte.

Máis novas do COVID

Comentarios