COVID: A curva comeza a virar

Gráfica realizada por QPC cos datos de transparencia do Sergas
  • Os Centros de Ensino de Carballo e Camariñas, os máis afectados.

Pode que chegásemos ao cumio desta 6ª onda, a teor do xiro que realizou a gráfica cos datos desta semana. Uns datos que seguen sumando un total de 4.213 novos contaxios detectados nos últimos 14 días (1.808 na última semana) en toda a Costa da Morte.

A curva, que leva dende mediados de decembro medrando de xeito abrupto, semella que remite. Onte apenas eran 75 casos máis detectados que a semana pasada, mentres que no mesmo período anterior aumentara en 1.250 casos.

A comarca de Soneira e concellos como A Laracha comezan a baixar a súa incidencia, pero a comarca de Bergantiños e a de Terra do Xallas seguen subindo lixeiramente. Mentres nas de Fisterra e Carnota-Muros se manteñen coa mesma incidencia.

Os Centros de Ensino de Carballo e Camariñas, os máis afectados

O último informe do Sergas sobre os centros de ensino con máis de 15 casos foi emitido o pasado 19, con estas cifras:

Concello Centro Casos
activos
Aulas
pechadas
Carballo CEIP Bergantiños 36 0
Carballo CEIP Fogar 29 0
Carballo IES Alfredo Brañas 24 0
Carballo IES Monte Neme 22 0
Camariñas CEIP O Areal 17 0
Camariñas   IES Plurilingüe Pedra da Aguia  16 0

 

NOVAS RELACIONADAS