COVID: A curva segue subindo, pero menos empinada

Non para de subir a curva do COVID na Costa da Morte ata chegar aos 2898 novos casos detectados nos últimos 14 días, 350 casos máis que a semana pasada. Unha subida menos acusada que a da semana cando se sumaban 1.500 novos casos.
A ralentización da subida reflíctese perfectamente na comarca de Fisterra, onde apenas houbo 10 contaxios máis que a semana pasada (de 476 a 486 nos 5 concellos).
En calquera caso parece que aínda non chegamos ao pico desta 6ª onda, e os casos seguen subindo, e moito, por exemplo en Carballo, pero parece que comeza a baixar en puntos tan críticos como Laracha, onde a taxa chegou superar os 4.000 novos casos a 14 días por cada 100.000 habitantes.
A taxa de incidencia comarcal, en calquera caso, e aínda que careza de moito sentido a día de hoxe pola baixa presión hospitalaria, segue subindo, e sitúase a nivel comarcal nos 2.200 novos casos detectados nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes.
Autocita
O SERGAS vén de anunciar a creación de varios puntos para realizar un Cribado voluntario na Área Sanitaria Coruña-Cee con puntos de autocita para facerse test de antíxenos. Cómpre cubrir este formulario para acodir aos seguintes puntos:
- A Coruña: Casa Del Mar e Ventorrillo.
- Carballo: Fórum.
- Cee: Casa da Cultura.
NOVAS RELACIONADAS
- 05-01-22: COVID: As cifras, inauditas, modifican a fisionomía da curva.
- 28-12-2021: COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano.
- 27-12-12: Cee, Mazaricos, Carballo e A Laracha suspenden parte do programa de Nadal.
- 22-12-2021: COVID: A comarca de Soneira duplica a incidencia nunha semana.
- 17-12-21: COVID: O certificado volve ser obritagorio para entrar en establecimentos dende este sábado.
- 14-12-21: COVID: Nova subida de case o 50% na última semana.