Xoves. 18.04.2024
El tiempo

COVID: O número de casos volve duplicarse en Carballo na última semana

  • 11 centros de ensino da comarca suman máis de 15 casos activos
Grafica Covid Costa da Morte 17-01-2022
Gráfica realizada por QPC cos datos do SERGAS.
COVID: O número de casos volve duplicarse en Carballo na última semana

Non ten parada. A curva de contaxios desta 6ª onda segue subindo. Tras unha semana pasada de subida contrinxida, esta semana as cifras volven romper todas as marcas da pandemia, sumando 1200 casos máis toda a Costa da Morte nestes últimos 7 días, e chegando aos 4138 novos casos detectados nos últimos 14 días.

Se ben xa non é válida, a taxa de incidencia acumulada a 14 días si que dá conta da subida, e se hai un mes estabamos entre os 100 e os 200 novos casos por cada 100.000 habitantes, hoxe a cifra supera os 3.100.

O caso que mellor simboliza a subida é Carballo, que se sitúa en 1298 detectados (o doble que a semana pasada) nos últimos 15 días, 814 na última semana. Unha subida que se repite, en termos de porcentaxe, semellante no resto de concellos de Bergantiños, agás na Laracha, onde hai unha lixeira baixada.

Duplícanse case o número de casos detectados na comarca de Soneira, e a subida nas comarcas de Xallas, Fisterra e Carnota-Muros tamén é representativa.

Datos Covid Costa da Morte 17-01-2022

Centros de ensino

Se ben o último informe aínda é do pasado 12 de xaneiro, a incidencia nos centros de ensino tamén é destacable.

A Xunta sitúan entre os casos destacados os seguintes centros costeiros:

  • IES Alfredo Brañas de Carballo (con 42 casos activos, pero ningunha aula pechada);
  • IES Parga Pondal de Carballo (con 20 casos activos).
  • IES Monte Neme de Carballo (con 19 casos activos).
  • CEIP Fogar de Carballo (con 29 casos activos e 1 aula pechada);
  • IES Terra do Xallas de Santa Comba (con 15 casos activos).
  • CEIP Bairré de la Maza de Santa Comba (con 29 casos activos).
  • IES Agra Leborís da Laracha (con 38 casos activos).
  • IES Fernando Blanco de Cee (27 casos activos).
  • IES Agra Raíces de Cee (con 15 casos activos).
  • IES Maximino Romero de Lema de Baio (con 15 casos activos).
  • CEIP San Vicenzo de Vimianzo (con 19 casos activos).

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios