COVID: A curva comeza a virar
- Os Centros de Ensino de Carballo e Camariñas, os máis afectados.

Pode que chegásemos ao cumio desta 6ª onda, a teor do xiro que realizou a gráfica cos datos desta semana. Uns datos que seguen sumando un total de 4.213 novos contaxios detectados nos últimos 14 días (1.808 na última semana) en toda a Costa da Morte.
A curva, que leva dende mediados de decembro medrando de xeito abrupto, semella que remite. Onte apenas eran 75 casos máis detectados que a semana pasada, mentres que no mesmo período anterior aumentara en 1.250 casos.
A comarca de Soneira e concellos como A Laracha comezan a baixar a súa incidencia, pero a comarca de Bergantiños e a de Terra do Xallas seguen subindo lixeiramente. Mentres nas de Fisterra e Carnota-Muros se manteñen coa mesma incidencia.
Os Centros de Ensino de Carballo e Camariñas, os máis afectados
O último informe do Sergas sobre os centros de ensino con máis de 15 casos foi emitido o pasado 19, con estas cifras:
Concello | Centro | Casos activos |
Aulas pechadas |
Carballo | CEIP Bergantiños | 36 | 0 |
Carballo | CEIP Fogar | 29 | 0 |
Carballo | IES Alfredo Brañas | 24 | 0 |
Carballo | IES Monte Neme | 22 | 0 |
Camariñas | CEIP O Areal | 17 | 0 |
Camariñas | IES Plurilingüe Pedra da Aguia | 16 | 0 |
NOVAS RELACIONADAS
- 18-01-2022: COVID: O número de casos volve duplicarse en Carballo na última semana.
- 12-01-22; COVID: A curva segue subindo, pero menos empinada.
- 05-01-22: COVID: As cifras, inauditas, modifican a fisionomía da curva.
- 28-12-2021: COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano.
- 27-12-12: Cee, Mazaricos, Carballo e A Laracha suspenden parte do programa de Nadal.
- 22-12-2021: COVID: A comarca de Soneira duplica a incidencia nunha semana.
- 17-12-21: COVID: O certificado volve ser obritagorio para entrar en establecimentos dende este sábado.
- 14-12-21: COVID: Nova subida de case o 50% na última semana.