Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cee suspende a Festa de Fin de Ano e A Laracha todo o programa de Nadal

Eventos cancelados por covid
Eventos cancelados por covid en Carballo
Cee suspende a Festa de Fin de Ano e A Laracha todo o programa de Nadal

Como xa fixo Mazaricos, os Concellos da comarca van tomando decisións a raíz da situación epidemiolóxica, que nos coloca á mesma altura do cumio da 3ª onda, aló por xaneiro.

É o caso da Laracha, onde tras coñecer a cifra de 188 casos activos (sumaba 55 o pasado martes), o Concello decidiu suspender as actividades previstas en espazos pechados no Programa de Nadal.
A realización da cabalgata dos Reis Magos dependerá das medidas que acorden as autoridades sanitarias competentes.

En Cee (onde suman 78 novos casos detectados nas últimas 2 semanas, polos 32 do pasado martes) xa se adiara o Concerto de Nadal, e a función do mago David Maestro. E hoxe veñen de anunciar a suspensión da Festa de Fin de Ano en Cee. A idea é facer algún acto festivo para a mocidade, contando coa Disco CDC cando a situación mellore.
En principio, mantense a proxección do filme "Joker" en formato autocine o 8 de xaneiro.

Suspensións en Carballo

Pola súa parte, en Carballo, con 205 casos activos (polos 151 do martes pasado), suspende dúas funcións do Nadal Pequespectacular por contaxios de COVID nos grupos que ían actuar. ASí, o mércores 29 non estará Uxía Lambona e a Banda Molona e o xoves 30 non estará La Canica.

Novas relacionadas

Comentarios