Xoves. 25.04.2024
El tiempo

COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano

  •  ÚLTIMA HORA: A Xunta de Galicia anuncia novas restricións
Grafica Covid 27-12-2021 Costa da Morte
Gráfica realizada por QPC dende novembro de 2020, dende que se fixeron públicos os datos do portal de transparencia do Sergas
COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano

Terrible semana para a Costa da Morte, e o que nos queda. En apenas 6 días a Costa da Morte pasou dunha taxa de incidencia aproximada a 14 días de 375 a 800 novos casos por cada 100.000 habitantes. Un total de 1030 novos casos detectados nas últimas dúas semanas contabilizáronse onte, polos 492 do pasado martes.

Con estes datos, a curva sitúase á mesma altura de hai un ano en canto a contaxios, comprobando que esta 6ª onda está a ser máis potente que a 3ª onda, e aínda non alcanzou o seu teito.
En calquera caso, tamén cómpre resaltar que as hospitacións, gracias á alta taxa de vacinación, e a que parece menor crueldade da variante omicron, non son tan altas como entón (só hai un hospitalizado no Hospital Virxe da Xunqueira).

Datos Covid Covid 27-12-2021 Costa da Morte

Exemplos como o da Laracha dan conta da tremenda subida, pasando de 53 a 179 en so 6 días.
Son 10 dos 19 concellos da Costa da Morte que superan os 800 casos por cada 100.000 habitantes (Laracha chega aos 1.600), e só Laxe está por debaixo dos 250 casos por cada 10.000 habitantes, a cifra segura.

Novas normas

 ÚLTIMA HORA  A Xunta de Galicia anuncia novas restricións

  •  Peche da hostalaría ás 00:00 h. excepto venres e sábado que sería ás 1:00 h.
  • A vida nocturna pecha ás 2:00 a.m.
  • Toque de "non queda" entre as 2:00 e as 6:00 h
  • En Noitevella a hostalaría pode pechar á 1:00 h. e consultarase á vida nocturna sobre a posibilidade de pechar ás 3:00 h. 

As medidas entrarán en vigor o vindeiro día 30 ás 00:00 h. e prolongaranse ata o 18 de xaneiro.

Caos

Todas estas cifras danse no medio dun caos xeralizado á hora de xestionar a pandemia por parte do servizo público de saúde, tanto a nivel autonómico como central. Colas en todas os centros hospitalarios para facer test de antíxenos (como é posible que a estas alturas de pandemia non haia PCRs nos hospitais, nos centros de saúde ou nas farmacias?!)

De tódolos xeitos, lembren que se teñen síntomas, ou estiveron en contacto con algún positivo, deben poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais no teléfono 981 720 280 ou con Protección Civil a través dos números 661 626 166 e 693 400 673.

Novas relacionadas

Comentarios