COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta
- As xuntanzas quedan limitadas a un máximo de 10 persoas en toda Galicia
17:02 14/10/20
A Xunta vén de anunciar a limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. As medidas foron publicadas no DOG de hoxe e faranse efectivas dende as 0:00h desde este xoves.
Cifras
Este martes facíamos balance da situación na Costa da Morte, onde quedan só 3 concellos en alerta nivel 2 ou 1.
Hoxe hai algunha variación. Se ben Laracha mantén de nivel 2 de alerta (con entre 14 e 21 casos activos), e Muros o nivel 1 (entre 7 e 14), Carballo baixa ao nivel 0.
Porén, sobe a incidencia en Coristanco e Malpica, que pasan ao nivel 1, tendo entre 7 e 14 casos activos.
Ademais, segue habendo unha soa persoa hospitalizada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (e ningunha en Coidados Intensivos).
Cifras a nivel Galicia
NOVAS RELACIONADAS
- 13-10-2020: A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid.
- 16-09-20: Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid.