COVID: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca

Evolución Covid nos Centros Ensino Costa da Morte

A taxa de incidencia acumulada na Costa da Morte mantense arredor dos 50 casos por cada 100.000 habitantes. Unha cifra relativa, xa que o portal de transparencia do Sergas non ofrece datos concretos cando un concello se sitúa entre 1 e 9 casos.

De calquera xeito, seguimos na parte baixa da curva, sen amosar os repuntes que se están dando noutras zonas do país. É certo que soben lixeiramente os casos en Carballo, A Laracha, Zas ou Cee, pero esta semana tamén son 6 os Concellos que non rexistran novos casos nos últimos 14 días: Coristanco, Laxe e Ponteceso polo norte e Corcubión, Dumbría e Carnota polo sur.

A tendencia demóstrase perfectamente nos centros de ensino. No último informe de seguimento que publica o Sergas na Plataforma Educovid só se rexistra un caso positivo en toda a Costa da Morte, no IES Agra Leborís da Laracha.

Máis novas sobre o covid