Mércores. 14.04.2021
El tiempo

COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00

  • Ponteceso e Laxe quedan no nivel 3, pero a mobilidade só se restrinxe nos concellos do máximo nivel de restricións. É dicir, a partir do venres poderase entrar e saír en Laxe e Ponteceso.
frijol
COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00

Anunciou este mediodía Feijoo as novas medidas nesta desescalada, que serán efectivas a partir deste venres. Todos os Concellos costeiros (por debaixo de 100 casos por cada 100 habitantes), agás Ponteceso e Laxe (ambos cunha taxa acumulada a 14 días de entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes), pasan a nivel baixo (4) de restrición, xunto con outros 310 concellos galegos.

A medida máis importante é que a hostalería poderá abrir ata as 21:00h, ao 50% en interior e 75% nas terrazas. Polo seu lado, en Laxe e Ponteceso, que quedan no nivel medio (3), a hostalería só poderán abrir ao 30% no interior e ao 50% nas terrazas.

En todo caso, as reunións de non conviventes estarán prohibidas nos domicilios.

Toda Galicia permanece perimetrada e o toque de queda mantense ás 22:00h.

Máis novas sobre o covid

comentarios