Xoves. 18.04.2024
El tiempo

COVID: A Costa da Morte baixa dos 100

Evolucion Covid Costa da Morte 14-03-2021
Así é a evolución da pandemia na Costa da Morte dende o pasado mes de novembro
COVID: A Costa da Morte baixa dos 100

Parece que, tras dúas semanas dende a reapertura da hostalería, non hai consecuencias en canto ao control da pandemia na Costa da Morte. Cos datos de onte, os 19 concellos QPC suman un total de 99 casos, o que supón a cifra máis baixa dende que temos datos públicos oficiais. A taxa de incidencia acumulada tamén o ratifica, situándose en 75 novos casos por cada 100.000 habitantes, dentro do rango que a Organización Mundial da Saúde califica como “pandemia controlada”.

Segue sendo Ponteceso o Concello con máis incidencia, pero cos casos máis que controlados. Carballo e A Laracha continúan a súa caída.

Corcubión, Fisterra, Vimianzo e Mazaricos non teñen novos casos dende hai 14 días, aos que hai que sumar os de Coristanco, Malpica, Zas, Muxía e Carnota, que non suman novos contaxios na última semana.

Covid Costa da Morte 12 marzo 2021

Ensino

As cifras nos centros de ensino a 12 de marzo, tamén están en mínimos, con apenas 14 positivos (15 menos que a semana pasada e 138 casos menos que no cumio desta cuarta onda) en só 8 centros afectados (5 menos que a semana pasada e 40 meno que a finais de xaneiro), e ningunha aula pechada.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO IES Alfredo Brañas 1 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARBALLO IES Parga Pondal 2 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 6 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña 1 0
TOTAL 8 14 0

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios