Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: A pandemia marca os seus mínimos

  • Este pasado luns falecía un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
  • As cifras nos centros de ensino tamén marcan mínimos
Evolucion COVID comarcas Costa da Morte 28-01-2021
Datos do 1 de marzo de 2021
COVID: A pandemia marca os seus mínimos

Comeza o mes de marzo coas mellores cifras nos últimos 4 meses, dende que a finais de novembro a Xunta comezaba a ofrecer datos concello a concello. Este 1 de marzo contabilizamos 202 novos casos nos últimos 14 días en toda a Costa da Morte, o que significa unha taxa acumulada de 154 novos casos por cada 100.000 habitantes, xa no rango que a OMS considera que que a pandemia estaría “controlada”.

A caida de casos, á expensas de ver as repercusións desta nova desescalada, é patente, ata o punto de que 7 concellos (Laxe, Zas, Santa Comba, Corcubión, Fisterra, Muxía e Carnota) non rexistraron ningún novo contaxio nos últimos 7 días.

Só Ponteceso mantense en cifras por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes (estamos pendentes , se ben parece que as cousas se calman en Corcubión.

En todo caso, tamén houbo unha mala nova neste comezo de marzo, pois onte falecía un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (onde por certo, non hai ningún ingresado). Dende o pasado 15 de febreiro non falecía un dos nosos maiores na comarca, dando conta da incidencia da campaña de vacinación nas nosas residencias.

Centros de ensino

COVID Centro Ensino Costa da MOrte 27-02-2021

As cifras nos centros de ensino tamén marcan mínimos. Só precupa realmente a situación no CEIP Eduardo Pondal, onde se realizaba un cribado esta fin de semana. Á espera dos resultados, o pasado venres había 15 afectados e seguían sendo 3 aulas pechadas, segundo o Sergas.

Carballo segue sendo o concello máis afectado, con 8 dos 18 centros afectados, e case a metade dos 52 casos rexistrados en toda a comarca.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 2 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 4 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CEIP Fogar 4 0
CARBALLO IES Monte Neme 3 0
CARBALLO IES Parga Pondal 4 0
CARBALLO CEIP Xesús San Luís Romero 1 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0
CEE IES Fernando Blanco 1 0
CEE IES Agra Raices 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 3 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
MUXÍA CEIP Os Muíños 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 5 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 15 3
SANTA COMBA EI Santa Comba 1 1
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
TOTAL 18 52 4

 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios