COVID: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca
A taxa de incidencia acumulada na Costa da Morte mantense arredor dos 50 casos por cada 100.000 habitantes. Unha cifra relativa, xa que o portal de transparencia do Sergas non ofrece datos concretos cando un concello se sitúa entre 1 e 9 casos.
De calquera xeito, seguimos na parte baixa da curva, sen amosar os repuntes que se están dando noutras zonas do país. É certo que soben lixeiramente os casos en Carballo, A Laracha, Zas ou Cee, pero esta semana tamén son 6 os Concellos que non rexistran novos casos nos últimos 14 días: Coristanco, Laxe e Ponteceso polo norte e Corcubión, Dumbría e Carnota polo sur.
A tendencia demóstrase perfectamente nos centros de ensino. No último informe de seguimento que publica o Sergas na Plataforma Educovid só se rexistra un caso positivo en toda a Costa da Morte, no IES Agra Leborís da Laracha.
Máis novas sobre o covid
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros
- 22-02-2021: COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada .
- 19-01-2021: Comeza, pola “h”, a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca.
- 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo.
- 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada.
- 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, “os máis altos” dos feitos pola Área Sanitaria.
- 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s .
- 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais