Xoves. 22.04.2021
El tiempo

COVID: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións

  • A partir do venres permítense as xuntanzas de non conviventes nos domicilios.
  • 6 concellos non rexistraron novos positivos nos últimos 14 dias
datos covid 060702021 Costa da Mote
Datos deste 6 de abril de 2021
COVID: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións

A partir deste xoves, ningún concello da Costa da Morte quedará con restricións máis alá do nivel baixo. Saen pois Camariñas e A Laracha, os últimos que quedaban en nivel medio. Deste xeito, toda a hostaleria poderá abrir ao 50% no interior e ao 75% nas terrazas.

Outra das medidas importantes anunciadas (se ben se mantén o toque de queda de 22:00h a 6:000h) é que a partir do venres permítense as xuntanzas de non conviventes nos domicilios.

Boas cifras

Cunha taxa de incidencia acumulada de 50 casos por cada 100.000 habitantes, seguimos con datos moi bos, mesmo tendo 6 concellos sen ningún caso rexistrado nos últimos 14 días: Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, A Laracha e Zas.

Vacinación

Paralelamente continúa o proceso de vacinación, cada vez máis plural, intentando chegar esta semana ao 90% do maiores de 80 anos. Neste mércores 6 de abril vacináronse 250 persoas das 360 que foran citadas.

Enténdese que moitas non puideron acodir ao Centro de Saúde, pois o Sergas sinala que só o 2,6% dos maiores de 80 anos rexeitou a vacina.

Ademais, este xoves comeza a inmunización en grandes espazos do grupo que vai dos 75 aos 79 anos.

 

Máis novas sobre o covid

comentarios