Martes. 23.04.2024
El tiempo

COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose

O impacto segue a ser mínimo a nivel xeral e nos centros de ensino
Maria Dolores Haz Vilela recibiu xa a segunda dosis
María Dolores Haz Vilela recibiu xa a segunda dose da vacina do COVID no Centro de Saúde de Muxía
COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose

Unha nova semana superada cunhas cifras moi baixas na Costa da Morte. A Costa da Morte baixa a unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de 65 casos por cada 100.000 habitantes.

Só Vimianzo e A Laracha cambiaron a tendencia, subindo lixeiramente o seu número de casos. Na Laracha, con 16 novos casos nos últimos 14 días (a cifra máxima da bisbarra) a incidencia sitúase en 141.

Evolucion COvid Costa da Morte 21-03-2021

As boas novas ademais chegan aos centros de saúde e o Hospital Virxe da Xunqueira (onde por certo xa van varias semanas sen un só ingresado por COVID), onde xa están aplicando a segunda dosis da vacina Pfizer aos maiores de 80 anos. Esta semana volverán a aplicar a de Astrazeneca.

Mínimos nos centros de ensino

Nos centros de ensino o impacto segue a ser mínimo. Cos datos do pasado venres 19, temos 9 positivos en só 6 centros eduvaticos, e ningunha aula pechada:

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO IES Parga Pondal 2 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 3 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
TOTAL 6 9 0

Comentarios