Xoves. 25.04.2024
El tiempo

COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo

  • O luns faleceu unha muller de 98 anos na residencia DOMUSVI de Carballo. Son un total de 26 persoas as falecidas na residencias carballesa no que vai de ano.
Evolucion COVID COsta da Morte 16-02-2021
A tendencia segue a ser á baixa
COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo

Carballo baixou hoxe dos 300 casos activos (ten 284). Malia ter aínda 242 novos casos nos últimos 14 días, as cifras de activos non baixaban de 200 dende o 22 de xaneiro. Así e todo, o Sergas, facendo caso das peticións do Concello, vai realizar un cribado masivo que se levará a cabo dende o xoves ata o domingo no centro de saúde.

Son 3.910 @s veciñ@s convocados a facerse unha PCR, que están entre os 55 e 65 anos.

Para o xoves tamén está prevista unha nova xuntanza da comisión de seguimento da COVID-19, que balance da situación actual no noso concello e revisará as medidas incluídas no novo decreto da Xunta, que entrará en vigor ás 00.00 horas do día 17.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios