Luns. 01.03.2021
El tiempo

COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% [email protected] [email protected]

  • Onte día 10 rexistrabase o falecemento dun home de 87 anos no CHUAC, procedente da Residencia DomusVi de Carballo, onde hoxe 11 falecía tamén unha muller de 75 anos. Son un total de 25 persoas as falecidas na residencias carballesa no que vai de ano, e 13 na de Vimianzo.
  • A tendencia segue baixando a nivel global e tamén nos Centros de ensino
Cribado en Vimianzo copia
Imaxe do cribado realizado na Casa da Cultura de Vimianzo hai dúas semanas
COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% [email protected] [email protected]

Tras analizar os datos da Laracha, o Sergas ofrece hoxe os resultados do cribado realizado en Vimianzo e Camariñas na semana do 18 ao 22 de xaneiro.

En Vimianzo foron [email protected] 4.435 veciñ@s, e acodiron 2.670 (o 60%), dando un resultado de 12, o que representa o 0,44%, o que sería unha taxa de incidencia acumulada de 440 casos por cada 100.000 habitantes.
Vimianzo mantense hoxe con arredor dos 40 casos activos, 29 novos casos e unha taxa de incidencia acumulada de 410 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Pola súa parte, en Camariñas  o número de [email protected] foi 1.510, pero só acodiron 917 (un 60,7%), sendo 6 o número de positivos, un 0,65%, ou en cifras de taxa de incidencia acumulada, 650 novos casos por cada 100.000 habitantes.
Camariñas a día de hoxe ten 13 casos activos, 5 novos casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e unha taxa de inciencia de 94 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Tendencia á baixa

Evolucion COVID Costa da Morte 10-01-2021

Aproveitamos para repasar os datos e comprobar que só Carnota, Muxía e A Laracha manteñen tendencia positiva, pois o resto de concellos, e comarcas amosan unha lixeira baixada na última semana.

Bergantiños segue a ser a zona coa taxa acumulada máis alta, superando os 700 novos casos por cada 100.000 habitantes (Malpica supera os 1.000 e Carballo, Coristanco e A Laracha os 800 aínda).

Centros de Ensino

Evolucion Covid Centros Ensino Costa da Morte 10-01-2021

A tendencia tamén baixa nos centros de ensino. Son hoxe 111 casos en toda a comarca (20 menos que a semana pasada), en 36 centros afectados (10 só en Carballo) (6 menos que a semana pasada), e só 4 aulas pechadas (polas 7 do día 4).

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0
CAMARIÑAS CEIP O Areal 2 0
CARNOTA CEIP do Pindo 2 0
CARNOTA IES Lamas do Castelo 1 0
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 2 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 4 0
CARBALLO CPR Artai 4 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 6 1
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 4 0
CARBALLO CEIP Netoma-Razo 3 0
CARBALLO IES Parga Pondal 12 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 4 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 2 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 0
CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 7 0
CEE IES Fernando Blanco 5 0
CEE IES Agra Raices 4 0
CORCUBIÓN CEIP Praia de Quenxe 3 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 3 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 1 1
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0
LAXE CEIP de Torrexallóns 1 0
LARACHA CEIP Alfredo Brañas 2 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 7 1
LARACHA ES Agra de Leborís 3 0
MALPICA CEIP Milladoiro 3 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 2 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 1 0
MUXÍA CEIP Os Muíños 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 3 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 6 1
VIMIANZO IES Terra de Soneira 2 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
ZAS CPI de Zas 1 0
TOTAL 36 111 4

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios